Blogue de Gracia e de Anxo, blogue de pingas e de icebergs, do que nos preocupa ou nos chama a atención, de biblioteca e de aula.

25/09/10

De faldas e saias

Está claro que a nosa sociedade castelanízase a pasos axigantados. Pero tamén queda claro que somos poucos os que nos rebelamos ante esta situación. Sería posible que ocorrese todo isto nunha sociedade co seu idioma normalizado? Nunha sociedade que ama a súa lingua? A resposta, rotunda e tristemente, é NON. Somos os propios galegos e galegas quen permitimos que se fale de "Desván de los Monjes", Orense, La Coruña ou Ginzo. Os que imos veranear a Sangenjo. Os que non lemos xornais en galego. Os que votamos un partido que rexeita a súa lingua. Os que escoitamos asociacións como Galicia Bilingüe que patalexan contra os Equipos de "Dinamización" dos centros de ensino para conseguir a súa desaparición. Os que permitimos que os nosos fillos e as nosas fillas canten "La falda de Carolina".
Recoñezo que cada día son máis pesimista co futuro do noso pobo e da nosa lingua. Cada día repito que a única solución é Educación e Cultura. Pero como darlle ao noso pobo AMOR polo seu? Este verán, en Estados Unidos, falaba do papanatismo dos americanos, coas súas bandeiras por todas partes... pero, ai! se os galegos amásemos o noso a metade do que eles! Queimamos os montes, destruímos as riquezas naturais, desprezamos a nosa lingua e a nosa cultura. Que nos queda? Eu, hoxe por hoxe, non teño esperanza no futuro. Quizais mañá consiga erguerme con máis optimismo.
E para que comprendades, podedes premer
aquí
ou aquí, tamén aquí,
ou ver este libro tan bonito, o de música que utilizan, cando menos, en Marín:

Non esquezamos que hai profesores e profesora encantad@s con esta situación. Agora, por fin, poden dar clases en castelán!!!

Claro que mentres en Galicia cántase "La falda de Carolina", na Escola Mª Soliño de Pubai (India) cántase Eu chorar chorei. E dá gloria oílos!

Grazas, Loaira.

3 comentarios:

Im-Pulso dixo...

Alporízanse porque Montilla menciona aos galegos ao falar da indecisión, pero o "desván de los monjes" e "a falda de Carolina" son "comprensibles"...
O de Montilla mereceu que os intelectuais sistémicos escribiran sesudos artigos en varios medios; perón, a "falda de Carolina" e o "desván de los monjes" son "comprensibles"...
Os principais inimigos da lingua e de Galicia como país están na casa.

Loaira dixo...

Ha, ha, subscribo todo o que dis e miúda fluidez, encántame cando un fala dende a indignación!
Asi que, só se me ocurre dicir (termo que aprendín este ano): NON SEXAS LINGÜICISTA!
E quédome con esta frase: “Cada día repito que a única solución é Educación e Cultura. Pero como darlle ao noso pobo AMOR polo seu?”

Pois seguindo a nosa labor, ensinando o galego, que quizáis sexa optimista pero o galego do cole ou normativizado, Gusta.

E deixando de utilizar o galego como arma política.

E tendo esperanza coma os nenos da Escola Mª Soliño de Pubai que como forma de aprecio, agradecemento, deléitannos con esta canción!

Neste blog utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor, rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.