Blogue de Gracia e de Anxo, blogue de pingas e de icebergs, do que nos preocupa ou nos chama a atención, de biblioteca e de aula.

24/11/10

Algo con lo que nadie había contado

Los cuatro azules publica esta obra de Marit Törnqvist, Algo con lo que nadie había contado. Encantoume, pareceume, sinxelamente, un libro diferente, tanto, que creo que o meu alumnado quedou un pouco á expectativa agardando un final diferente. De feito, cando rematei de lérllelo, Yoli exclamou: "ten un final aberto!".
Un libro para falar do individualismo da nosa sociedade, tan absorta e tan rápida, tan solitaria e egoísta. Deses álbums que considero nada infantís, pois merecen unha boa reflexión ao final da súa lectura. As ilustracións son espectaculares, xa antes do comezo da historia.
Un álbum cheo de profundas reflexións: ímonos deter a facelas? Ou imos seguir adiante, sen tempo para elas, sen tempo para a solidariedade, sen tempo para os demais? Soidade, incomunicación, ritmo frenético... pensemos en que se está a convertir a nosa sociedade e a nosa propia vida. Saberemos cando menos respectar a aquel que nada contra corrente?
Creo que paga a pena que leades o comentario que atopei no blogue "La tormenta en un vaso". Tamén paga a pena que lle botedes un ollo a este álbum. É diferente. E non deixa indiferente.


7 comentarios:

carmen dixo...

a min este libro non me gustou nada, é un libro que non engancha

Cris dixo...

Este libro pareceume bonito, o que non me gusta é como acaba, gustaríame que fixeran unha segunda parte.

martin dixo...

Ainda que é un libro un pouco triste a min gustoume.

yoli dixo...

o libro non era moi dibertido,e como non tiña un final pechado quedamos todos un pouco desconcertados.

vanesa dixo...

Este libro non me acabou de gustar , porque non se sabe como acaba.

Noemí dixo...

É un libro bonito,pero podían ter feito un final para que non quede aberto.

brais dixo...

a min este libro non me gustou moito,é máis o final non lle queda moi ben

Neste blog utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor, rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.