Blogue de Gracia e de Anxo, blogue de pingas e de icebergs, do que nos preocupa ou nos chama a atención, de biblioteca e de aula.

26/11/10

El mosquito zumbador


Da pluma de Verónica Uribe e do pincel de Gloria Calderón é produto este simpático libro , El mosquito zumbador, editado por Ekaré. Un libro moi axeitado para os peques, con esa mestura de medo ao descoñecido e á noite, e cun zunido de fondo moi musical para participar na lectura sen saber ler: o ritmo impera! E todo porque esa fórmula enumerativa tan axeitada para toda lectura infantil chega neste libro a ter unha musicalidade especial que só o sapo é quen de parar.

Sen comentarios

Neste blog utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor, rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.