Blogue de Gracia e de Anxo, blogue de pingas e de icebergs, do que nos preocupa ou nos chama a atención, de biblioteca e de aula.

20/12/10

Lorca debuxante

Paralelamente á súa obra poética, Lorca realiza unha serie de debuxos, a maioría a lapis, conliñas imprecisas. Un xeito de achegarse á obra do poeta, xa que son unha plasmación plástica da simboloxía que recorre a súa obra.
Lede este excelente artigo do Dr. en Historia da Arte José Luis Plaza Chillón (Universidade de Granada).
A maioría dos creadores son multidisciplinares, aínda que acaban concentrando os seus esforzos e enerxías nunha faceta que é a que os fai famosos. Federico García Lorca posuía a habilidade de transformar os seus escritos en sensibles debuxos. Rafael Alberti dixo del:

"Lorca, cuando cogía unos lapicillos de colores o la misma pluma con la que escribía sus poemas, seguía teniendo una frescura de fontana, una gracia como de juego en la calle, de sonrisa de patio, de gallo de veleta, de todo aquello que había visto -u oído- no sabía cuándo con los ojos de su niñez granadina: jarrones con peces y flores, vírgenes atravesadas por puñales, niñas en las ventas y azoteas, ángeles de las torres, manolas, arlequines, bandoleros y marinerillos ebrios y enamorados, todos los temas y figuras de su poesía lírica y dramática, hasta el momento del "Romancero Gitano", un año antes de irse a Nueva York, época en que cambia su estilo, contagiado sin duda por la atmósfera surrealista que ya se expendía por casi toda Europa."

O debuxo para Lorca era unha evasión, un desafogo, unha paixón.




Vía Bajo el signo de Libra

2 comentarios:

Cristina dixo...

Lo que son las cosas, me has hecho sentir"proustniana" en esta mañana húmeda y desapacible... Los dibujos de Lorca me huelen a papel biblia y a prohibido... A lecturas con linterna debajo de las sábanas, a vijes imaginarios a Nueva york...A Poncia y a gitana....Gracias, como siempre...

Ronsel dixo...

Grazas a ti por un comentario tan cheo de sensibilidade e fermosura

Neste blog utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor, rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.