Blogue de Gracia e de Anxo, blogue de pingas e de icebergs, do que nos preocupa ou nos chama a atención, de biblioteca e de aula.

25/03/11

Nada


Seix Barral publica Nada, de Janne Teller, unha libro completamente estarrecedor e calafriante que nos deixa a alma completamente encollida con tan só 150 páxinas cheas de simboloxía. O curioso é que chega a España despois de dez anos polémicos no norte europeo polo seu contido e mesmo prohibición. Eu descríboa como estarrecedora porque encerra unha historia violenta a partir dunha pregunta máis ou menos casual: que é o realmente importante? Que ten significado? Pero, claro, unha serie de nenos e nenas que buscan a solución a tal pregunta deciden pasar por todo tipo de humillacións, sacrificios e mesmo violacións, o que resulta realmente demoledor. Como demoledora é a resposta da sociedade adulta que pretende ver arte.
Non é un gran libro, coido, pero si resulta de lectura interesante. Máis sabendo que "é perigoso". Unha alegoría do noso comportamento ante o que non sabemos? Se o resultado é este, a violencia, medo dá.
Totalmente desesperanzador.


2 comentarios:

Ernesto dixo...

Apetéceme, non sabía del.

Ronsel dixo...

Se o les, xa me contarás

Neste blog utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor, rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.