Blogue de Gracia e de Anxo, blogue de pingas e de icebergs, do que nos preocupa ou nos chama a atención, de biblioteca e de aula.

19/04/11

La estudiante


Descubrín este autor e o seu detective na Semana Negra do centro, pero teño que admitir que non me gustou demasiado. O que a priori supuña unha novidade, un perruqueiro detective, resultou a posteriori un fiasco pouco atractivo e máis ben aburrido. Christian Schünemann é o autor desta saga da que só coñezo esta terceira entrega, La estudiante, aínda que de seguro non lerei máis. Debo recoñecer que a min cortes de pelo e tintes pouco me atraen, e aínda que o detective resulta máis ben simpático pola súa relación co mundo e ese toque de homosexualidade cariñoso que lle proporciona o autor, tanto o argumento como a resolución do asasinato non me interesou demasiado. Co que me gustan as novelas negras, esta é das que menos. O que destacaría é a intrusión do perruqueiro no mundo universitario e a demostración de que neste envexas, copieteos e ganas de medrar son o pan de cada día. Nin máis nin menos que a realidade. Sen asasinatos, claro. Para isto está o xénero novelesco.
En fin, non volo vou recomendar. En novela negra hai miles de libros para ler que, cando menos para min, son infinitamente mellores.

5 comentarios:

Xabi dixo...

¡Andá! ¿Agora recomendas non-lecturas? Esta si que é boa...

Ronsel dixo...

Mmmmm, moi mal me debo explicar. Simplemente, non recomendo esta lectura.

Xabi dixo...

Hahaha. Entón esta é do xénero "novela gris".
Ronsel, creadora de xéneros literarios...

Xabi dixo...

¿E dis que reflicte ben o clima universitario? ¡Que ben! Creo que me vai interesar... (Mira que se a leo e me gusta...)

Ronsel dixo...

Mira que es ruín! Non che vai gustar, seguro. Agora, arrisca, logo non me botes nada en cara.
Novela gris? Por que pos na miña boca algo que non dixen?
E o do clima universitario: unhas cantas pinceladas.

Neste blog utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor, rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.