Blogue de Gracia e de Anxo, blogue de pingas e de icebergs, do que nos preocupa ou nos chama a atención, de biblioteca e de aula.

21/04/11

O Tubarão na Banheira


Non foi froito da casualidade que mercase este libro. Paseando polas rúas de Lisboa entramos nunha biblioteca: dividida en diversas salas, había varias de exposicións, e unha delas era unha invitación á ilustración; traballaban precisamente con este libro, O Tubarão na Banheira, e gustoume tanto o traballo dos peques...




O Tubarão na Banheira está escrito por David Machado con ilustracións de Paulo Galindro, da editorial Presença. É un libro moi divertido, cun neno que, mentres contempla a vida, busca no seu "Caderno de palavras dificeis" todo aquilo que se lle antolla excepcional: o libro ata nolo ofrece nas súas últimas páxinas, delicioso («Melancolia: é o que sinto quando estou triste e penso que estou triste»). O bo é que realmente lle ocorren cousas realmente diferentes: vai pescar un peixiño e trae un tiburón, aproveitando que o avó perdeu os lentes. A figura do avó dálle unha tenrura ao texto excepcional: é o seu compañeiro máis fiel. O texto é longo, quizais precisara dalgunha ilustración máis, pois todas elas son espectaculares e daríanlle máis vivacidade ao libro. Pero é xenial.




E tal como nos indica María, aquí podedes escoitar a historia lida polo seu autor. Moitas grazas, María.


2 comentarios:

Maria dixo...

Con efeito, é unha historia ben linda. Aquí, lida polo autor:
http://www.youtube.com/watch?v=vPzBW3fsBmg

Ronsel dixo...

Moitísimas grazas María pola indicación, e por suposto pola visita. Uma grande aperta

Neste blog utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor, rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.