Blogue de Gracia e de Anxo, blogue de pingas e de icebergs, do que nos preocupa ou nos chama a atención, de biblioteca e de aula.

30/06/11

Un momento de descanso

Antonio Orejudo non acaba de cumprir as miñas expectativas nesta a súa última novela, Un momento de descanso, publicada por Tusquets. Gústame, por suposto, esa ironía que é marca identitaria, ese sarcasmo con que describe as fallas máis grandes da nosa sociedade e que estamos tan acostumados a convivir con elas que mesmo semellan "normais". Baixo esa prisma de humor, Orejudo amosa esta nosa sociedade chea de trampas en calquera ámbito, sobre todo no universitario, mesmo eu diría con excesiva esaxeración.
Pero... as diferenzas entre as tres partes son demasiado importantes. Semella que o escritor abre liñas narrativas que non resolve, sobre todo a segunda parte, que é unha cousa demasiado rara. Aínda que mantén viva a chama do lector por seguir adiante (unha chama ás veces mínima: menos mal que o libro é curto), a lectura non deixa pouso nin lembranzas. Non é un libro redondo. Para min, claro. Non é ese libro que eu esperaba ler. Unha decepción.

“La universidad española, donde yo trabajé mucho tiempo antes de marcharme a Inglaterra, no solo es mediocre y corrupta, es también inverosímil. ¿Nunca se ha parado a pensar por qué apenas se han escrito novelas de campus en español? Yo se lo voy a decir: porque es imposible escribir una novela sobre la universidad española, que sea elegante y además verosímil. Lucky Jim, de Kingsley Amis, o Small World, de David Lodge, son tan buenas porque la universidad que toman de referencia, la anglosajona, conserva todavía unas formas impecables, aunque por dentro esté consumida por las mismas corruptelas que la de aquí. En la universidad española, por el contrario, la grosería aparece tal cual, sin los ropajes de la buena educación. Una novela realista, cualquier libro sobre la universidad española, aunque sea un libro de investigación como el suyo, está condenado a convertirse en una astracanada. Los que no conocen el mundillo académico pensarán además que es inverosímil.”


2 comentarios:

Anónimo dixo...

Pois eu vouno mercar igual......xa che direi.

Ronsel dixo...

Vale, xa me contarás. Pero segundo me dixeron por aí, é o máis frouxo del con moita diferenza.

Neste blog utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor, rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.