Blogue de Gracia e de Anxo, blogue de pingas e de icebergs, do que nos preocupa ou nos chama a atención, de biblioteca e de aula.

13/08/11

Día internacional dos Zurdos

Para tod@s aqueles que emborranchan o papel coa tinta ao escribir...
para tod@s aqueles que se manchan ao afiar un lapis...
Para tod@s aqueles que sofren ao cortar coas tesoiras...
Para tod@s aqueles que son incapaces de usar un abrelatas...
Para tod@s aqueles que son observados de maneira estraña pola forma de colocar o brazo ao escribir...
Para tod@s aqueles que teñen que adaptarse diariamente aos aparellos feitos por e para destros: teléfonos, caixeiros automáticos, ratos ergonómicos...

Para esa marabillosa minoría da que formo parte, feliz día internacional dos zurdos!

Déixovos un vídeo dun dos "zurdos" máis talentosos do deporte internacional.

3 comentarios:

Ronsel dixo...

Que vivan os zurdos! Conseguiron que Anxo volvese! Bennnnnnnnnnnnnn!!!!

Anxinho dixo...

...hehehehe Pero xa me marcho de vacaciónssssssssssssssssssss

Ronsel dixo...

Home, xa era moito! Pásao moi ben, e descansa, que ben che cómpre! moitos bicos

Neste blog utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor, rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.