Blogue de Gracia e de Anxo, blogue de pingas e de icebergs, do que nos preocupa ou nos chama a atención, de biblioteca e de aula.

19/03/12

¿Qué es el amor?


A última novidade de Edelvives en álbums ilustrados é esta fermosura (raro, raro!!!) de Davide Cali con ilustracións de Anna Laura Cantone, ¿Qué es el amor?. Lémbranos aquel Enamorados de Rébecca Dautremer que tanto nos gusta, posto que tamén é unha pregunta que se vai facendo. Neste caso a nena pregunta a toda a familia: nai, pai, avó, avoa, e obterá unha resposta diferente segundo os gustos de cadaquén. Pero xuntándoos todos obterá unha resposta axeitada. E é que amar, finalmente, déixanos un sorriso na face.



8 comentarios:

Cris dixo...

Encantoume, foi precioso e unhas ilustracións fermosisimas estivo simpático. Xa sabes Gracia tes que traer libros coma este.

carmen dixo...

Este libro non me gustou moito porque os pais, a avoa, o avó non sabian explicarlle que é o amor

vanesa dixo...

Este libro gustoume bastante é moi bonito e interesante.

rafa dixo...

este libro era moi romántico porque a rapaza preguntábao todo sobre o amor

martin dixo...

este libro é moi bo e contén unhas ilustracións moi boas a min gustoume

Noemí dixo...

Este libro está ben e é bonito como a nena quere saber como é o amor.

yoli dixo...

Este libro está ben, a nena quere saber o que é o amor e intenta buscalo...

ivan dixo...

gustoume moito, fala do amor e as ilustracións son moi divertidas

Neste blog utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor, rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.