Blogue de Gracia e de Anxo, blogue de pingas e de icebergs, do que nos preocupa ou nos chama a atención, de biblioteca e de aula.

18/04/12

O principio



Non sei como se senten as persoas millonarias que atesouran obras de arte ou xoias de gran valor. Pero case podo asegurar que eu síntome moito mellor cando atopo alfaias librescas coma esta. Porque abrir este libro e quedar pampo é todo un: non leredes o texto ata pasado un tempo, porque as ilustracións demandaranvos o voso interese total: demorarédesvos admirando as caras, os sorrisos, cada detalle desta ilustración hiperrealista que vos conquistará.
Estou a falar da novidade que nos ofrece Kalandraka: O principio é un texto de Paula Carballeira coas ilustracións de Sonja Danowski. Un deses álbums inesquecibles e tan apropiados para lermos en secundaria como inicio dunha reflexión, porque o que se agocha detrás é moito máis do que vemos. A esperanza, o instinto de supervivencia, a parte do ser humano como ser que sobrevive á calquera devastación é a mensaxe de esperanza que nos transmite esta lectura. Unha lectura que non esquece tamén que a destrución dos libros dará pulo para crear uns novos, porque a palabra é o tesouro máis importante do ser humano e esta impoñerase sobre o estrondo das armas, tanto na fala coma na escrita. Esa é a grandeza do ser humano... cando se esquece de ambicións e covardías.

Sinxelamente indispensable.

18 comentarios:

Anónimo dixo...

Non sei o contido, pero a portada é digna de museo

Ronsel dixo...

Pois por dentro... nin che conto!

rafa dixo...

este libro tiña uns debuxos moi realistas

Cris dixo...

Este libro é triste pero á vez bonito, porque aínda que as veces pasen cousas malas sempre hai que buscar a felicidade e seguir para diante.

yoli dixo...

este libro trata da guerra e de como se empezan a recuperar os superviventes da guerra... as ilustracións inmellorables.

ivan dixo...

para min este libro estivo xenial, sobre todo tiña unhas ilustracións magníficas

brais dixo...

este libro é moi triste pero ten unhas ilustracións moi bonitas é realistas

Noemí dixo...

Este libro está moi ben, e ten unhas ilustracións moi realistas e bonitas.

martin dixo...

este libro acércanos a vida que tuverón que pasar moitos rapaces na guerra, ten unhas ilustración moi boas

carmen dixo...

Este libro é precioso, incrible como hai xente que aínda non vexan a luz sempre teñen ánimo para animar os que o rodean, eas imaxes preciosas como debuxan a realidade tan precisa

Cristina dixo...

Este libro é moi fermoso porque nos transmite a felicidade que sente unha familia por estar vivos despois dunha guerra.O que máis me gustou foron as ilustracións porque son moi realistas.

Ernesto dixo...

Este libro é moi triste porque fala da guerra,ten unhas ilustracións moi reais e trata de como a xente tenta saír da pobreza.

Martin 2ºA dixo...

Énchenos de ledicia porque tras a guerra todas as familias celebran que están vivas e sans.

Cristian dixo...

Este libro está moi ben,ter en conta que tiveron que pasar por unha guerra,tiveron unha forza incrible para non perder a esperanza.Encantoume.

Ana dixo...

Este libro ten unhas ilustracións moi realistas, son preciosas. E demostra a forza que teñen as personas para saír dos problemas, para empezar unha nova vida.

Cristina dixo...

Este libro é moi triste porque moitas familias despois da guerra teñen que saír para diante sexa como sexa pero os debuxos son moi realistas.

andrea dixo...

Este libo gustoume, o peor e que fala moito do tema da terra pero ao final acaba ben ; o mellor que ten son as ilustracións.

Rocío dixo...

Este libro gustoume moito aínda que tamén me pareceume un pouco triste xa que trata da guerra pero o que máis me gustou foron as ilustracións.

Neste blog utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor, rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.