Blogue de Gracia e de Anxo, blogue de pingas e de icebergs, do que nos preocupa ou nos chama a atención, de biblioteca e de aula.

14/05/12

E que podo facer eu?


Esta fin de semana que vén de rematar estiven nun cursiño en Santiago onde un obradoiro era impartido por José Campanari, co cal puiden achegarme a todos os seus libros (o meu preferido é Sígueme), pero este, do ano 2008 tamén me gusta moito. José Campanari acompáñase nesta ocasión do ilustrador Jesús Cisneros para publicar en OQO este E que podo facer eu? que fala sobre todo de solidariedade e de esperanza. Dun xeito sinxelo e fermoso lémbranos que hai moito que podemos facer polos demais sen necesidade de sermos heroes, simplemente ser persoas que pensamos e vemos máis cousas que nós mesmos. Así de simple. Así de necesario.


6 comentarios:

Noemí dixo...

Este libro quérenos dicir que hai que ser solidarios coas persoas e axudalas cando se poida. Estivo ben.

carmen dixo...

Este libro non estivo mal porque coa súa preocupación puido axudar a moita xente

martin dixo...

este libro é moi divertido e cunhas boas ilustracións

ivan dixo...

este libro estivo ben , porque acabou axudando á xente

yoli dixo...

este libro fálanos
da solidaridade...

Cris dixo...

Este libro mostra a solidariedade, non estivo mal.

Neste blog utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor, rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.