Blogue de Gracia e de Anxo, blogue de pingas e de icebergs, do que nos preocupa ou nos chama a atención, de biblioteca e de aula.

31/05/12

Iago Martínez en Forcarei


Iago Martínez veu o martes pasado a falarnos dos medios de comunicación en galego.

Recomendoumo Xaime Varela e non errou, coma decote.
Iago Martínez Durán naceu en Vigo en 1979. É xornalista cultura.
Lois Pereiro. Vida e obra publicado pola editorial Xerais no ano 2011 é o seu primeiro libro e Contra a morte, escrita e dirixida a medias con Alexandre Cancelo, a súa primeira longametraxe documental.
Na rede leva o blogue “Disimulen” e se queredes seguilo en Twiter atoparédelo co alcume de “Astronauta”.

Xornalista e freelance de "El País" e de "Rockdelux", falounos do traballo actual dun xornalista, vinculado á crise económica e á internet: onde exercer o traballo? Os xornalistas utilizan dúas ferramentas para evitar desinformar: as normas éticas (deontoloxía) e o método: decantación de prácticas profesionais e o paradigma das tres fontes.
Logo pasou a falar dos medios de comunicación na nosa lingua, tarefa ben difícil polo que semella.Case todos son virtuais, ningún en papel. Amosounos os máis importantes e falounos dun fallo xeral que tiñan os de papel: non souberon seducir a unha parte importante da poboación, cun protagonismo da cultura en detrimento dos deportes, esquecendo temas de interese xeral.Claro que non podemos esquecer os "contidos lixo" que atraen grandes audiencias.
Está claro que Internet é o presente. Hai que ir aló e aproveitar o que nos ofrece na nosa lingua.


Sen comentarios

Neste blog utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor, rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.