Blogue de Gracia e de Anxo, blogue de pingas e de icebergs, do que nos preocupa ou nos chama a atención, de biblioteca e de aula.

26/11/12

El pequeño Teatro de Rebecca

Imposible. Imposible non ir polos corredores ensinándollelo a todo o mundo. Pasaba unha compañeira, pasaba unha alumna, pasase quen pasase, eu detíao para lle amosar o libro e para que alucinase comigo. Recoñezo que fago trampa: só llo abro a quen sei que ama estas pezas de arte que son "o meu tesouro" -con voz de Golum-.
Falo de El pequeño Teatro de Rebecca de Rebecca Dautremer, claro, e publicado por Edelvives.Que non coñecedes os personaxes nin as historias desta autora-ilustradora francesa? Pois xa podedes facelo, non tedes máis que subir o telón e gozar coa función. As vantaxes? O telón é un libro e a función podedes repetila cantas veces queirades.
Este álbum está entre o flip-book e o libro-teatro, inspirándose a autora na técnica do dècoupage ou troquelado para dar dinamismo á historia, ofrecéndolle outra dimensión.


2 comentarios:

anxoboiro dixo...

Ola Gracia, estiven nun corredor virtual, detivechesme, ensinachesme o libro, e alucinei ;-) .
Así que o anoto en próximas adquisicións.
Grazas pola suxestión.

Ronsel dixo...

Anxo, que ledicia volver a saber de ti! Pensei que me abandoaras!!!

Neste blog utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor, rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.