Blogue de Gracia e de Anxo, blogue de pingas e de icebergs, do que nos preocupa ou nos chama a atención, de biblioteca e de aula.

07/11/12

Un gorila


Vén de publicar Kalandraka este fermoso álbum ilustrado para os máis pequenos e pequenas, un álbum do gran Anthony Browne: Un gorila. Un libro para aprender a contar. Aprender a contar e coñecer de paso a familia dos primates, unha familia ben achegada a nós que vive en permanente ameaza. O feito de estar publicado en gran tamaño o libro fai que sexa máis admirable a arte do autor, cada páxina ilustrada é un agasallo para os ollos, porque o libro non é só para contar! As imaxes tan cheas de cor provocarán inevitablemente que os/as lectores e lectoras amen estas especies animais. Non só contaremos senón que aprenderemos a valorar a natureza e respectar a humanos e animais.


Sen comentarios

Neste blog utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor, rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.