Blogue de Gracia e de Anxo, blogue de pingas e de icebergs, do que nos preocupa ou nos chama a atención, de biblioteca e de aula.

23/12/12

El papagayo de Monsieur Hulot

Recoñezo que dende o vin de lonxe estaba desexando telo e, por fin, aquí está esta preciosidade que nos ofrece Kalandraka na súa xa habitual delicadeza para escoller publicacións: El papagayo de Monsieur Hulot é toda unha homenaxe de David Merville ao cine mudo e nas nosas mans echerase de palabras. Teño debilidade por este tipo de álbums que permite fomentar a actividade creativa do meu alumnado! Para máis beleza, o libro é de páxinas despregables. É dicir, que o ten todo para se converter nunha das miñas alfaias preferidas dos andeis da biblioteca que xa case comban co peso... Un álbum que namora onde queremos seguir os pasos atropelados dun protagonista despistado que ten un fin moi delicado e tipicamente parisino. Antes de abrir as páxinas toparedes unha explosión de cor e fantasía que vos fará sentir que estades no cine vendo unha curta de animación, xa que as ilustracións son tan minuciosas que con cada detalle poderedes pasar ben tempo e recrearvos na súa observación.



Vaia, unha auténtica marabilla!

2 comentarios:

fraguasa dixo...

Totalmente de acordo, tratase dun excelente libro sen texto, moi divertido e que lle gustou moito os meus fillos. Recomendable

Ronsel dixo...

Moitas grazas, si qeu é precioso. SAúdos

Neste blog utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor, rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.