Blogue de Gracia e de Anxo, blogue de pingas e de icebergs, do que nos preocupa ou nos chama a atención, de biblioteca e de aula.

16/01/13

Crónicas de Jerusalén

Moi interesante este cómic de Guy Delisle publicado por AstiberriCrónicas de Jerusalén foi Premio ao Mellor álbum no Salón Internacional do Cómic de Angoulême 2012 e lese como unha novela non só polo seu grosor senón polo xeito de narrar. O cómic relata a estancia do autor máis dun ano en Xerusalén, pero faino non como unha crítica senón como un libro de viaxes. O autor fai un diario en cómic da súa vida alí, contándonos o que alí ocorre polo que ve e polo que lle contan, sen aportar unha visión crítica, posto que coa información que nos ofrece xa podemos tirar nós as nosas propias conclusións. E nestas tamén observamos a súa animosidade cara un goberno que permite e fomenta odios raciais.

O autor explica:

 “Hay cosas que sólo he entendido al estar en Jerusalén. Y cuando descubro algo nuevo tengo la debilidad de creer que es interesante compartirlo. Por ejemplo, me parecía pertinente explicar cómo funcionan las colonias, de qué forma está dividida en dos la ciudad, este tipo de cosas...”.


Sen comentarios

Neste blog utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor, rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.