Blogue de Gracia e de Anxo, blogue de pingas e de icebergs, do que nos preocupa ou nos chama a atención, de biblioteca e de aula.

13/01/13

¡Estela, grita muy fuerte!

Absolutamente boísimo este álbum publicado por Fineo de Isabel Olid con ilustracións de Martina Vanda para falar dos abusos sexuais infantís: ¡Estela, grita muy fuerte!. É unha historia forte, desas que desexariamos que non existisen, pero que desgrazamente están aí e non podemos obvialas. Así que libros coma este son absolutamente necesarios e deben estar en todas as bibliotecas onde haxa nenos e nenas: porque deben lembrar que hai que berrar cando é necesario e porque hai que recordarlles aos papás e ás mamás que escoitar é moi importante.
A autora do libro sufriu vexacións ela mesma, maxinade canto sabe para falar deste tema! O obxectivo do libro é axudar a reforza a valentía e ensinalos a expresarse.


"El otro día, por ejemplo, a la hora de la lectura, Estela escogió un libro precioso con peces de colores lila, que es su color preferido, y Lucía se enojó porque ella también quería leerlo y empezó a pellizcarla en los brazos y en las piernas, Estela que no sabía que hacer, se puso a llorar bajito y se imaginó que era un pájaro de color naranja que volaba muy arriba, arriba y que subía hasta el techo para que ya no la pellizcara mas"
 
 

Sen comentarios

Neste blog utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor, rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.