Blogue de Gracia e de Anxo, blogue de pingas e de icebergs, do que nos preocupa ou nos chama a atención, de biblioteca e de aula.

13/01/13

Non á violencia contra as mulleres (CCXCI)


Hai no Facebook unha páxina que se chama 12 causas feministas para un 2013 menos machista que vos convido a visitar. Dende alí chego a este anuncio dunha ONG sudafricana, POWA (People Opposing Women Abuse), que loita contra as violacións a mulleres nese país. Componse de dúas follas pegadas e para poder velo completo hai que tirar con forza. Ao depregar as páxinas vese unha muller tirada nunha cama coas pernas abertas e, baixo estas, a frase: "Se vostede tena que forzar, é violación".







Sen comentarios

Neste blog utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor, rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.