Blogue de Gracia e de Anxo, blogue de pingas e de icebergs, do que nos preocupa ou nos chama a atención, de biblioteca e de aula.

11/04/13

Intemperie

Publicada por Seix Barral, Intemperie de Jesús Carrasco é unha novela dura, amarga, agobiante, conmovedora, de subsistencia e supervivencia nunha contorna hostil, claustrofóbica, mortecina. E iso que sucede en horizonte aberto. Un libro sobre a baixeza humana, sobre a ruindade e sobre a necesidade de seguir adiante, de crer que mesmo dentro da nosa raza se pode atopar alguén que responde a ese adxectivo tan denostado: humano. A historia, efectivamente, lémbranos a Cormac McCarthy, e énos inevitable telo en mente mentres lemos Intemperie. Pero Carrasco ten o seu propio estilo, un estilo sinxelo, directo, implacable: non hai altibaixos nin saltos temporais, a liña é recta dende principio até fin deixando un final perfecto. 
Por certo, un libro tan redondo no que non hai un só nome e apenas catros personaxes. Incrible, non si?

El cielo era de un azul oscurísimo. Las estrellas en lo alto parecían incrustadas en una esfera transparente. Delante de él, el llano se sacudía el sufrimiento que el sol le había causado durante el día, desprendiendo un olor a tierra quemada y pasto seco. Un mochuelo blanco pasó por encima de su cabeza y se perdió entre las copas de los olivos. Pensó que se encontraba en el lugar más alejado del pueblo en el que había estado en toda su vida. Lo que se extendía frente a las plantas de sus pies era para él, sencillamente, tierra incógnita.




Sen comentarios

Neste blog utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor, rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.