Blogue de Gracia e de Anxo, blogue de pingas e de icebergs, do que nos preocupa ou nos chama a atención, de biblioteca e de aula.

31/07/13

Contos como pulgas


O libro de hoxe vén da man de Kalandraka. Un libro que se le a pequenos bocados, para degustalos mellor. De cando en vez, unha pulga; é dicir, un conto. Porque Contos como pulgas de Beatriz Osés con ilustracións de Miguel Ángel Díez son pequenos relatos cheos de imaxinación e de poesía. Dispoñédevos a pasar uns minutos divertidos e sorprendentes, deixádevos facer cóxegas e permitídevos sorrisos varios: esta e outras consecuencias agradables ten a lectura en plan pulga. Tamén podedes lelos segundo a orde e o gusto que prefirades: auga, ceo, terra e noite. Porque todo está permitido, como a xoaniña que queda sen os seus puntos por xogar...










3 comentarios:

María Jesús dixo...

É un libro precioso.

Kalandraka dixo...

Grazas, trafegadores de ronseis, por esta fermosa recomendación. E a María Jesús por apreciar a tenrura destes pequenos relatos ilustrados. Saúdos dende Kalandraka.

Ronsel dixo...

Grazas a vós, por publicardes verdadeiras xoias.

Neste blog utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor, rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.