Blogue de Gracia e de Anxo, blogue de pingas e de icebergs, do que nos preocupa ou nos chama a atención, de biblioteca e de aula.

28/08/13

Elenita


Campbell Geeslin coas ilustracións de Ana Juan conseguen neste álbum publicado por Kókinos, Elenita, tecer unha fermosa historia de superación, da procura dos soños e da igualdade. Así, os lector@s máis peques poderán saber que a constancia é o traballo máis importante para conseguir o que se desexa e que o afán de superación é o primeiro chanzo que se debe ascender. Ademais, é un álbum especial que procura a igualdade, posto que a nena deberá disfrazarse para ter os mesmos dereitos ca os seus compañeiros masculinos. Que é unha historia pouco novidosa neste sentido? Desgrazadamente, a realidade ensínanos que isto ten sucedido así milleiros de veces... e coa situación retrógrada que estamos a vivir, isto non cambiará moito. Pero é un dereito a liberdade para elixir a profesión, algo que Elenita si conseguirá.


La niña se llama Elena. Le gusta soplar vidrio.
El sol mexicano tiene color de cristal fundido y la Luna, al despertarse, se viste de cristal frío. Ella se parece a ambos. Los tres son buenos amigos.
Ésta es la historia de Elena. Escucha bien lo que hizo.
El padre de Elena era artesano vidriero, un oficio muy divertido que consiste en llenar los mofletes de aire y soplar el cristal líquido a través de un tubo. Si se hace con habilidad, se forman, como por arte de magia, bellas figuras: esferas, botellas, jarrones...



Sen comentarios

Neste blog utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor, rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.