Blogue de Gracia e de Anxo, blogue de pingas e de icebergs, do que nos preocupa ou nos chama a atención, de biblioteca e de aula.

08/09/13

Non á violencia contra ás mulleres (CCCXXIX)




Estas son as sete tradicións máis agresivas contra as mulleres, recollidas polo Elcorreo.com 



Acollida con esterco e insultos á muller masai
Os masai son un pobo que vive entre Kenia e Tanzania. O matrimonio da mujer decídeo o pai sendo ela bebé. A muller será acollida por primeira vez na casa dos parentes do seu futuro esposo con insultos e esterco para simbolizar a difícil vida que comeza e para fortalecer o seu carácter. P marido poderá "prestarlla" a calquera amigo que o necesite.

As mulleres xirafa de Tailandia
A comparación que se fai coas xirafas provén de teren un pescozo longo e forte. Este conséguese mediante a unión de aros de latón arredor del, de xeito paulatino ao longo da vida de cada muller. Estes aneis provocan unha opresión das clavículas cara á cavidade torácica.
A tribo é falócrata e os castigos que impoñen ás mulleres por delitos coma o adulterio inclúen a retirada de todos os aneis, algo que provoca a asfixia o descrocamento da condenada, quen para vivir verase obrigada a vivir tumbada suxeitando a súa cabeza entre as mans.

Casas para engordar futuras esposas en Mauritania
En Mauritania, consíderanse fermosas as nenas e as mulleres gordas. Segundo unha tradición coñecida como Leblouh, dende os cinco anos as nenas sométense a un proceso cruel para gañar quilos: consomens grandes cantidades de comida e se cómpre provócanlles vómitos para seguir comendo.

Os pés vendados das nenas chinesas

Durante máis de dous mil anos as nenas de catro a seis anos eran sometidas a unha vendaxe dos seus pés para que estes non medrasen. Debían medir como máximo sete centímetros.

Estarricado de peitos en Camerún
 Para que as mozas diminúas o seu atractivo sexual (as violacións son múltiples en Camerún) as súas nais pásanlle o ferro ás fillas cun pao incandescente, con pedras ou conchas ardendo.

Condenadas á lapidación
A lapidación procude unha morte moi lenta e un gran sufrumento. Hoxe en día hai catro países que a practican contra quen mantén relacións sexuais fóra do matrimonio, sobre todo se son mulleres: Nixeria, Somalia, Indonesia e Irán.

A infibulación
Mutilación dos xenitais femininos, cercenando o clítoris e pechando a vaxina mediante unha sutura que deixa soamente unha pequena abertura para a emisión de orina e do fluxo menstrual. Faise para que as mulleres perdan a habilidade de sentir pracer sexual durante o coito, asegurando así que non exista infidelidade. Como resultado, as mulleres desenvolven problemas médicos de todo tipo, algúns poden provocar a morte.

Vía

1 comentario:

Anónimo dixo...

ARREPIANTE: non entendo como a dïa de hoxe; en pleno sëculo XXI siguan existindo estas cousas
Se se coñecen estas circunstancias neses paises porque non se fai nada? ser humano esta por riba de todos os paises e toda a politica do mundo: que pasa co que sufren todas esas mulleres? que asco de sociedade; vergoña da vivir nela e que moitos dos que tantos din o mesmo non fagan por cambiala:::

Neste blog utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor, rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.