Blogue de Gracia e de Anxo, blogue de pingas e de icebergs, do que nos preocupa ou nos chama a atención, de biblioteca e de aula.

21/10/13

Swingin Christmas


Unha das novidades máis fermosas que nos chega neste mes de outono -o mes máis bonito do ano, por outra parte!- é este Swingin Christmas da editorial Edelvives, un relato de Olivia Ruiz que conta co luxo desenvolvido nas ilustracións por Benjamin Lacombe. Poderiamos dicir que é un álbum fermoso só polas ilustracións, que nos ocorre sempre que abrimos calquera libro deste ilustrador. Pero deixádevos mexer pola historia e o amor, así como pola música de jazz. Non hai mellor tributo a este tipo de música que deleitarse con estas ilustracións mentres escoitamos o CD que acompañan e soñamos, nós tamén, cunha historia, un lugar, un vello e a súa soidade, a necesidade de amar e sermos amados... e un xeito de medrar diferente grazas á cultura que nos proporciona a lectura e a música. 
Que non está todo isto nun só libro? Abrídeo e comprobádeo. Veredes como non minto un ápice. Escoitade o CD... e a pedir máis! Porque este libro é pura sedución.






Sen comentarios

Neste blog utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor, rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.