Blogue de Gracia e de Anxo, blogue de pingas e de icebergs, do que nos preocupa ou nos chama a atención, de biblioteca e de aula.

10/11/13

Lisboa

Ui, ultimamente teño a David Pintor na cama, no escritorio, no andel... este home non para! E debo admitir que cada vez gústame máis. Arestora estou gozando con Lisboa, publicado pola editorial Kalandraka. Caderno de viaxe? Libro de artista? David Pintor sabe plasmar dun xeito fabuloso a fermosa cidade de Lisboa, tanto os lugares emblemáticos e coñecidos como aqueloutros menos coñecidos, pero sempre introducindo elementos imaxinarios que aportan unha frescura inédica en calqueroutra guía de viaxe. Permitide un paseo da man deste artista, un paseo en bicicleta, un paseo real e un paseo fantástico: todo ten cabida neste fermoso libro que vos vai encantar! Sen unha soa palabra, só co poder da imaxe, percorreredes rúas e prazas da capital de Portugal, un lugar acolledor ao que sempre presta viaxar.
Por certo, o libro trae sorpresa!



Sen comentarios

Neste blog utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor, rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.