Blogue de Gracia e de Anxo, blogue de pingas e de icebergs, do que nos preocupa ou nos chama a atención, de biblioteca e de aula.

21/12/13

Memoria de elefante


Fermoso álbum publicado por Libros del Zorro Rojo con texto de Corine Jamar e ilustracións de Karim Maalouf: Memoria de elefante é un canto á memoria, unha historia delicada e poética que nos avisa dos perigos de non querer mirar para adiante, de tirar os nosos recordos para fóra e botalos a andar para reviviren, de aferrarnos a unha dor pasada e non deixar medrar o presente nin ou o futuro.


Sen comentarios

Neste blog utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor, rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.