Blogue de Gracia e de Anxo, blogue de pingas e de icebergs, do que nos preocupa ou nos chama a atención, de biblioteca e de aula.

26/12/13

Toc Toc




Publica a editorial Galaxia este libro-disco de Pablo Díaz con ilustracións de Nuria Díaz: Toc Toc é un agasallo precioso nestas festas para que a rapazallada cante e baile, mentres goza coas alegres ilustracións de Nuria. Por aquí pasa o Apalpador, pero tamén Pedro Chosco, porque cada nova canción, cada páxina, constitúe unha sorpresa que ben pode ser unha abordaxe pirata.
Porén, non me acaba de convencer a edición do libro, non sei moi ben como explicar esa sensación de falta de limpeza. Manías miñas, supoño. Pero... seguro que lles encantará!








Sen comentarios

Neste blog utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor, rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.