Blogue de Gracia e de Anxo, blogue de pingas e de icebergs, do que nos preocupa ou nos chama a atención, de biblioteca e de aula.

19/02/14

14

 


Non lera nada anteriormente de Jean Echenoz -creo- ata este 14 publicado por Anagrama. Chamoume a atención. Non podía ser doutro xeito, pola contención narrativa que amosa: unha gran guerra en menos de cen páxinas. E é que o título alude á guerra de 1914, a Primeira Guerra Mundial. Unha guerra de catro anos que se pensaba ía durar quince días. O autor escolle catro amigos para falarnos dos horrores da guerra, da traxedia constante que supón a vida baixo a destrución e a morte. O ritmo suave da obra contrasta coa velocidade das balas, dos falecementos, das amputacións. E, de paso, deixa unha narración elegante ao seu paso.
Pero... é esta elegancia suficiente para dar alma aos personaxes, para encher de vida unha guerra que se nos transmite en tan poucas páxinas? A dúbida persiste.



2 comentarios:

María Jesús dixo...

Eu tampouco coñecia a este escritor e o relato gustoume moito. Chamoume a atencion a levedade do estilo, mesmo por momentos frivolo e humoristico, en contraste coa gravidade do tema: as miserias e o absurdo dunha guerra terriblemente cruel. Pero o caso e que o contraste funciona.

Ronsel dixo...

Si... a iso me refería, que quedas un pouco desnortado pola gravidade do tema e o xeito de tratalo.

Neste blog utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor, rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.