Blogue de Gracia e de Anxo, blogue de pingas e de icebergs, do que nos preocupa ou nos chama a atención, de biblioteca e de aula.

22/02/14

Otra vuelta de tuerca

 
Tod@s coñecemos a obra de Henry James, Otra vuelta de tuerca. Pero esta versión que vos traio aquí hoxe é espectacular por unha diferenza esencial: está ilustrado por Ana Juan. Ilustracións suxerentes que espertan emocións, que provocan inquedanzas, que nos asoman a anguria. Un novo decorado para estes dous orfos que son criados nunha mansión victoriana por unha institutriz. Se o texto é puro misterio, agardade a ver as ilustracións.
Unha xoia


otra vuelta de tuerca 2

1 comentario:

María Jesús dixo...

A novela e unha das miñas " novelas vitais" , volvo a ela unha e outra vez tentando inutilmente descubrir a trampa do escritor: E unha historia de terror sobrenatural ou a perfecta descricion de ata onde pode chegar unha mente enferma? E Ana Juan e o perfecto complemento, para min unha das mellores ilustradoras da actualidade. Unha xoia de libro.

Neste blog utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor, rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.