Blogue de Gracia e de Anxo, blogue de pingas e de icebergs, do que nos preocupa ou nos chama a atención, de biblioteca e de aula.

23/03/14

Maruxa

Unha Maruxa ben espabilada esta que nos trae OQO da man de Eva Mejuto e Mafalda Milhoes. Non hai nada como mirar as cousas dende outra perspectiva, pórse no lugar de outro, para sabermos empatizar cos demais, o que significará traermos xustiza e solidariedade, posto que só así poderemos entender os sentimentos dos demais. 
No álbum, Maruxa vaille pedindo a Pepiño, aleccionándoo, que traia todo o que a ela lle cómpre para traballar, aínda que será el quen ao final faga todo para que comprenda que non se piden as cousas de calquera xeito porque hai que saber respectar aos demais. Será o enxeño e o humor quen se encargue de dar unha lección de "civilidade" ao home. E este comprenderá como traballando de xeito igualitario se conseguen as cousas. A moralexa está clara, se cambiamos de actitude temos o poder de cambiar a sociedade.
Estade atentos á ilustracións! Mirade ben que fai Maruxa mentres!








Sen comentarios

Neste blog utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor, rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.