Blogue de Gracia e de Anxo, blogue de pingas e de icebergs, do que nos preocupa ou nos chama a atención, de biblioteca e de aula.

25/07/14

Lucía Cotriñas

Lata de Sal na súa colección Vintage proponnos este simpático e pequeno álbum de Anni M. G. Schmidt e Fiep Westendorp: Lucía Cotriñas. A escada. A súa autora foi merecente do Premio Hans Christian Andersen en 1988 e preséntanos un libro cheo de humor que nos pode lembrar a Pipi Calzaslargas e os contos que contabamos na nosa casa cando os nenos eran pequenos, polo que a min, particularmente, encantoume e encheume de morriña. Unha nena que non pode pasar moito tempo sen se luxar porque estar limpo significa estar quieto e iso é ben aburrido. E porque ademais, cada un é como é, e resulta ben difícil fuxir da natureza de seu. As ilustracións amosan as escenas tal cal, cun punto de humor e divertimento, ademais de crear uns personaxes moi expresivos.

 


Sen comentarios

Neste blog utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor, rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.