Blogue de Gracia e de Anxo, blogue de pingas e de icebergs, do que nos preocupa ou nos chama a atención, de biblioteca e de aula.

21/09/14

Imagina cuántas palabras


Primeiro Premio ao Libro Mellor Editado 2014 na categoría de Obras Xerais e de Divulgación que outorga o Ministerio de Educación,  Cultura e Deporte, Imagina cuántas palabras deixa a un pampo cando o ve. Máis me deixou a min cando o recibín de agasallo dunha persoa a quen quero e admiro. Un libro feito de palabras e fotografías. Palabras a partir de palabras. Un xogo entre a palabra e a imaxe onde se agochan preguntas: que nos di unha foto? Lémola igual?
300 alumn@s de Educación Primaria escriben as súas dez palabras preferidas. As 50 palabras que máis se repiten son postas en mans de 50 autores para que creen o que queiran con elas. A liberdade é absoluta e o resultado magnífico.
 
O libro conta cun prólogo de Víctor Moreno e os 50 autores son:
 
   Lourdes de Abajo, Marta Agudo, Alfonso Armada, David Benedicte, Noni Benegas, Gsús Bonilla, Isabel Bono, Ben Clark, Antonio Crespo Massieu, Sergi de Diego, Alexandra Domínguez, Javier Eder, Enrique Falcón, Mar García Lozano, Aarón García Peña, Alberto García Teresa, Víktor Gómez, Pilar González España, Guadalupe Grande, Amalia Iglesias Serna, Patxi Irurzun, Hasier Larretxea, Javier López Menacho, Luis Luna, Miguel Ángel Mala, Juan Carlos Mestre, Luna Miguel, Ángel de Miguel, Vicente Muñoz Álvarez, Miguel Ángel Muñoz Sanjuán, Teresa Naranjo, Gabriel Noguera, Antonio Orihuela, José Ovejero, José María Parreño, Ángel Petisme, Julia Piera, Manuel Rico, Federico de los Ríos, Manuel Rivas, Isaac Rosa, Helena Salas, Miguel Sánchez Ostiz, Tomás Sánchez Santiago, Ferdinando Scianna, Emilio Silva, Raúl Vacas, Enrique Villarreal e Felipe Zapico.
 
  A impresión realizouse en Brizzolis Arte en Gráficas (Madrid) 

Cada un dos escritos acompáñase cunha fotografía de Clemente Bernad feita en La Corrala de Vecinas La Utopía, de Sevilla.
 

E as palabras son as seguintes:

fútbol                                        
amor
jugar
esternocleidomastoideo
balón
ordenador
vacaciones
música
amigos
baloncesto
hámster
amistad
cariño
coche                  
colegio            
flores
mamá
papá
perro
azul
cantar
playa
estuche
felicidad
mar
paz
televisión
casa                         
juegos
sol
bachillerato
iglú
libro
piscina
pizza
bailar
deberes
floor
mariposa
naturaleza
paisaje
alegría
arcoíris
corazón
diversión
dormir
gafas
leer
reloj
agua

 O resultado, apabullante. 




Juan Carlos Mestre en Imagina cuántas palabras

Sen comentarios

Neste blog utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor, rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.