Blogue de Gracia e de Anxo, blogue de pingas e de icebergs, do que nos preocupa ou nos chama a atención, de biblioteca e de aula.

23/12/14

Animados na diversidade

Esta curta animada axuda a comprender o valor da diversidade sexual e de xénero que existe na nosa sociedade.
O sexo determínase no ventre e será masculino ou feminino, mentres que o xénero, é dicir, ser o que se considera "home" ou "muller" é unha construción social e cultural que se aprende.
O sexo define os rasgos físicos e o xénero é un conxunto de características afectivas e emocionais que outorga a sociedade para atribuír diferentes roles a cada un deles.
A identidade de xénero é o sentimento que cada un de nós sentimos sobre o noso propio xénero. As persoas chamadas transxénero, significa que o seu sexo é un pero a súa identidade de xénero é outra, polo tanto prodúcese un desaxuste fronte á sociedade. A orientación sexual describe o desexo sexual e a atracción afectiva e emocional que sente unha persoa por outras e de aí proveñen os termos Heterosexual, Homosexual e Bisexual.


Vía

Sen comentarios

Neste blog utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor, rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.