Blogue de Gracia e de Anxo, blogue de pingas e de icebergs, do que nos preocupa ou nos chama a atención, de biblioteca e de aula.

27/12/14

El río

En Libros del Zorro Rojo toparedes esta marabilla de Alessandro Sanna que se chama El río. Un álbum exquisito, calado, que parte dun poema de Jorge Luis Borges para transportarnos polo río Po, coma un lento navegar, a través de catro historias sobre a dor e a esperanza. Un libro de estampas fluviais unicamente, sen palabras, que reflicten a vida, o paso do tempo grazas ao retrato da natureza coas súas lueces e sombra, reconvertidas en toda unha paleta de cores. Catro partes, catro estacións: asolagamentos, fríos, amores, arte. Un libro cheo de voces paseniñas que entran polos ollos e que se converten en sensacións de todo o corpo, un vento afastado que é quen de achegarnos o murmurio da natureza.
En realidade, isto é unha obra de Arte.


«Mirar el río hecho de tiempo y agua
y recordar que el tiempo es otro río,
saber que nos perdemos como el río
y que los rostros pasan como el agua».
Jorge Luis Borges 









Sen comentarios

Neste blog utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor, rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.