Blogue de Gracia e de Anxo, blogue de pingas e de icebergs, do que nos preocupa ou nos chama a atención, de biblioteca e de aula.

31/03/15

Mecanistiario


 Hoxe traemos un álbum que non é exactamente un álbum porque non é exactamente un libro. Cando menos, non o formato de libro que estamos acostumados a ler, coñecer e recoñecer. Estamos ante unha publicación orixinal e imaxinativa que nos propón Enrique Quevedo na editorial Tres Tigres Tristes co nome Mecanistiario. Así, baixo unhas cubertas ilustradas, atopamos un despregable con forma de acordeón, que debemos ler por un lado verticalmente e polo outro horizontalmente; daquel temos o ciclo vital do Animal Mecánico e deste a explicación de cada un dos animais que podemos atopar neste curioso libro. O primeiro reto ao que nos enfrontamos é como e por onde comezar a ler.
Mecanistiario é o conxunto de seres mecánicos creados polo Profesor Chaparelli, científico do século XXV, que serán amosados con textos diversos, tanto rimados coma non, xornalísticos ou narrativos..







Querido lector:
En el diario que ha llegado hasta mis manos desde el futuro, el Profesor Titanio Tesla Chaparelli cuenta que vive en el siglo XXV, en un mundo en el que todo es mecánico.
Después de muchos años de estudio, convertido ya en un gran científico, participa en una visita virtual a un zoológico de nuestro tiempo. Como en su época ya no quedan bichos sobre la faz de la Tierra, cada nueva bestia que descubre se convierte para él en un maravilloso acontecimiento, y queda muy impactado por la experiencia. Enseguida se propone el objetivo de construir animales reciclando un montón de chatarra, maderas viejas y unas cuantas vigas.

Sen comentarios

Neste blog utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor, rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.