Blogue de Gracia e de Anxo, blogue de pingas e de icebergs, do que nos preocupa ou nos chama a atención, de biblioteca e de aula.

13/06/15

Cursos de acoso

 Flipando estou desde que descubrín este energúmeno que se pasea por Youtube con miles de visitas. O tal Álvaro Reyes considérase un experto en relacións e ensina aos mozos como deitarse con moitas mozas... o acoso é unha base importante. Afirma, por exemplo, que cando unha muller di "non" quere dicir "si", que se pode ser violento cando un home abúrrese dunha muller para que ela marche... en fin un asco tremendo produce todo o que del sae pola súa boca. E aínda por riba utiliza a cámara oculta. Logo cobra polos cursos!
Eu non fun capaz de ver os vídeos completos. Cos primeiros minutos xa me dar arcadas suficientes.
Seica lle crearon un hagstag ( #‎miacosonoestunegocio  ) e el responde coa palabra típica: feminazi.






4 comentarios:

Anónimo dixo...

Resultame difícil de entender que se empregue este vídeo...Diría que a selección do recurso é moi discutible...se dá ganas de trousar, desde logo non é apto para o que se persegue. "a finalidade da lección non xustifica os medios".
Ademais tamén se cometen faltas sintácticas e léxicas.
O vídeo é groseiro, vulgar e ordinario...en fondo e forma, estamos seguras que pode ser útil? Probe nunha clase...

Ronsel dixo...

Precisamente, estámolo denunciando.

Dores dixo...

NOXENTO é dicir pouco!

María Jesús dixo...

A este tío nunca lle deron un bo corte???
Que pantasma!!! Se non fora porque o noxo é o que se impón, ata podería dar risa.

Neste blog utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor, rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.