Blogue de Gracia e de Anxo, blogue de pingas e de icebergs, do que nos preocupa ou nos chama a atención, de biblioteca e de aula.

22/07/15

Ernesto y Celestina van de picnic

Gabrielle Vicent é a autora de Ernesto y Celestina van de picnic que publica Mare Nostrum na súa colección "Momo". Este libro forma parte dunha serie cos mesmos protagonistas (un oso forte con moita paciencia e unha ratiña mimarracheira e inqueda) onde destaca a amizade, a tenrura, a afectividade. Estas cualidades son as que imprimen o texto, un pequeno diálogo que ocupa a parte inferior da páxina mentres a ilustración ocúpaa case enteira.

Sen comentarios

Neste blog utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor, rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.