Blogue de Gracia e de Anxo, blogue de pingas e de icebergs, do que nos preocupa ou nos chama a atención, de biblioteca e de aula.

04/12/15

Aventuras de Alicia no País das Marabillas

Celebramos a edición deste Aventuras de Alicia no País das Marabillas por parte de El Patito Editorial, con tradución de Xavier Queipo, toda unha garantía, e ilustracións de Fausto Isorna, quen é quen de darlle unha volta diferente a un libro que constitúe todo un referente literario; colaxes con retallos de artistas omo Walton Ford, Darren Almond, Toni Smith ou Sebastiao Ricci, son quen nos aporta unha lectura visual tan afastada da tradicional e tan actual e surrealista a un tempo. Unha edición que cómpre termos ben preto!

Sen comentarios

Neste blog utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor, rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.