Blogue de Gracia e de Anxo, blogue de pingas e de icebergs, do que nos preocupa ou nos chama a atención, de biblioteca e de aula.

30/06/15

Cold Cold Ground

Adrian McKinty é o autor de Cold Cold Ground, publicado por Alianza, na súa colección de novela negra. Nunca nada lera deste autor, e o máis sorprendente resulta a ambientación, xa que esta pasa a ser a verdadeira protagonista, e non os crimes nin a súa investigación para aclaralos. 
Estamon en 1981 en Irlanda, onde se suceden as folgas de fame ás que se someteron varios presos do Ira para reclamar o recoñecemento de presos políticos. En torno a esta folga, viviremos un territorio en guerra continua, aquel que que case temos esquecido. E de paso, saberemos que a homosexualidade estivo prohibida en Irlanda ata 1993. 
Logo, nesta paraxe de asasinatos e bombas, coñecemos un policía atípico por ter estudos e por ser católico nunha terra de protestantes. Un home que non nos parece heroe posto que ata é quen de aceptar algúns sobornos.
Irlanda, un policía católico, a homosexualidade... Para encher máis, a novela ten constantes referenicas musicais, tanto clásicas como non.
E para que nos situemos mellor, ronda a voda de Lady Di.
Unha novela negra onde o que sobresae é a descrición dunha sociedade atormentada vivindo unha época moi conflitiva. Realmente, o retrato que nos pinta o autor desta sociedade resulta tremebundo. Vivir daquela debía ser asfixiante, tanto para os católicos como para os protestantes.
Así que historicamente falando, a novela constitúe un documento interesante, adubiado por unha investigación que nos levará a un desenlace totalmente inesperado. Tan inesperado como descorazonador, por esa trama de corrupción latente que nos leva a tempos actuais onde quixeramos conseguir que esta despareza. 
Pero resulta tan verosímil!
Por todo isto, seguramente resulta unha novela negra máis lenta que o que é de costume, porque, xa digo, aquí o máis importante é a ambientación, xa que explica pormenorizadamente o IRA e os seus brazos armados e políticos, así como os seus "inimigos" naturais.

29/06/15

Este monstruo me suena...

Gabriela Keselman e Emilio Urberuaga son os artífices deste álbum publicado por La Galera: Este monstruo me suena... é unha divertida historia dun neno que xoga cun monstro que, aparentemente, non dá medo ningún. Ao final saberemos a causa. En realidade, en ningún momento o álbum pretende dar medo ao lector ou lectora, xa que a intención do mesmo é lembrar que os monstros non existen, e por iso a lectura é humorística, a pesar de que as ilustracións son escuras para crear un ambiente máis misterioso... e nunca vemos o verdadeiro monstro, ata o final.




A crueza da desigualdade

O deseñador Toby Morris desenvolve unha tira cómica que amosa a historia de dous nenos que parten de sistuacións sociais diferentes para deixar constancia da desigualdade social existente. Porque agora máis ca nunca o acceso á educación depende dos recursos económicos e do contexto social.




28/06/15

Sweet Cocoon

Fermosa curta sen palabras:


Pies para la princesa

Ivar Da Coll publica en Anaya este divertido Pies para la princesa, unha historia en verso sobre a difícil reconstrución dunha princesa que cae e queda sen pés. Que llos poderá traer? Pois hai múltiples posibilidades, pero o difícil é topar a axeitada. 
Que ocorre se por fin esta solución existe? Que a princesa deixará de estar sentada...

Non á violencia contra as mulleres (CDXX)


27/06/15

Guadi Galego: Chea de vida

Animación de Carlos Lago (O Terser Home) para o tema "Chea de vida" recollido no disco "Lúas de outubro e agosto" de Guadi Galego. 


Una rosa negra

Combel publica este libro moi sinxelo para que os máis pequenos coñezan personaxes destacados da nosa historia, como é o caso de Rosa Parks. Una rosa negra. Rosa Parks é de Montse Ganges e está ilustrado por Imma Pla nun pequeno pop-up con páxina despregable. Un texto moi sinxleo é o encargado de presentar un acto de resistencia pacífica que se convertirá no primeiro paso contra a segregación racial e nos aclarará en que consiste ser unha verdadeira heroína: non cómpren superpoderes pero si consegue facernos mellores.




Estraña coma min

O ilustrador australiano Gavin Aung Than, de Zen Pencils, presenta a peculiar historia dunha nena que se sente diferente ás demais e que comeza a cuestionarse se é que existirá alguén que sinta o mesmo ca ela.
"Estraña coma min" é o nome deste orixinal conto que rende unha homenaxe á pintora e poeta mexicana Magdalena del Carmen Frida Kahlo Calderón, coñecida por Frida Kahlo












"Yo solía pensar que era la persona más extraña en el mundo, pero luego pensé, hay mucha gente así en el mundo, tiene que haber alguien como yo, que se sienta bizarra y dañada de la misma forma en que yo me siento. Me la imagino, e imagino que ella también debe estar por ahí pensando en mí. Bueno, yo espero que si tú estás por ahí y lees esto sepas que, sí, es verdad, yo estoy aquí, soy tan extraña como tú".
Frida Kahlo

26/06/15

La historia del pequeño lirón que no podía dormir

Un título longo que describe o argumento deste fermoso álbum que publica Kókinos de Sabine Bohlmann e Kerstin Schoene: La historia del pequeño lirón que no podía dormir é un canto á amizade... e a tentar quedar durmido. Vaia, que o lirón ten o meu mesmo problema! Só que el debe durmir varios meses e cústalle facelo, co conseguinte temor a ser diferente aos demais. Todos os animais procuran auxilialo, pero el permanece imbatible mentres que son eles os que van caendo no sopor... O libro conta con fermosas ilustracións e xoga mesmo coa tipografía, debendo cambiar o álbum de sentido para a súa lectura. Unha lectura que coido será divertida para compartir en algo cos máis pequerrechos.

Arquitectos de cine

 Encantoume esta entrada en Cultura Inquieta: "SE OS DIRECTORES DE CINE FOSEN ARQUITECTOS". 27 casas ficticias inspiradas nos máis célebres directores de cine.

"La arquitectura es como una escena de película que trata de la vida, el guión es dictado por el uso del edificio y los actores son los residentes. Un laberinto donde todos (personajes, director, público) se pierden y se encuentran en la intensidad de sus emociones", di Babina.


Federico Babina ARCHIDIRECTOR Cultura Inquieta

Federico Babina ARCHIDIRECTOR Cultura Inquieta2
Federico Babina ARCHIDIRECTOR Cultura Inquieta3

Federico Babina ARCHIDIRECTOR Cultura Inquieta4
Federico Babina ARCHIDIRECTOR Cultura Inquieta5
Federico Babina ARCHIDIRECTOR Cultura Inquieta6
Federico Babina ARCHIDIRECTOR Cultura Inquieta7
Federico Babina ARCHIDIRECTOR Cultura Inquieta8
Federico Babina ARCHIDIRECTOR Cultura Inquieta9
Federico Babina ARCHIDIRECTOR Cultura Inquieta10
Federico Babina ARCHIDIRECTOR Cultura Inquieta11
Federico Babina ARCHIDIRECTOR Cultura Inquieta12
Federico Babina ARCHIDIRECTOR Cultura Inquieta13
Federico Babina ARCHIDIRECTOR Cultura Inquieta14
Federico Babina ARCHIDIRECTOR Cultura Inquieta15
Federico Babina ARCHIDIRECTOR Cultura Inquieta16
Federico Babina ARCHIDIRECTOR Cultura Inquieta17
Federico Babina ARCHIDIRECTOR Cultura Inquieta18
Federico Babina ARCHIDIRECTOR Cultura Inquieta19
Federico Babina ARCHIDIRECTOR Cultura Inquieta20
Federico Babina ARCHIDIRECTOR Cultura Inquieta21
Federico Babina ARCHIDIRECTOR Cultura Inquieta22
Federico Babina ARCHIDIRECTOR Cultura Inquieta23
Federico Babina ARCHIDIRECTOR Cultura Inquieta24
Federico Babina ARCHIDIRECTOR Cultura Inquieta25
Federico Babina ARCHIDIRECTOR Cultura Inquieta26
Federico Babina ARCHIDIRECTOR Cultura Inquieta27

25/06/15

Xabier Díaz & Adufeiras de Salitre - Cantiga da Montaña

Jim en el espejo

Por fin a miña Mariña rematou os exames e volve a ler e a gozar coa lectura. Hoxe chéganos a súa recomendación: Jim en el espejo de Inger Edelfeldt publicado por Lóguez.
Graciñas, Mariña.
 

Este libro preséntanos a historia de Jim, un bo rapaz que vive reprimido e con remorsos porque as mulleres o deixan indiferente. 
Percorremos a vida do protagonista, Jimmy (síntome con dereito de chamarlle así logo de acompañalo durante todas as páxinas e apoialo silenciosamente) dende a súa infancia ata a madurez e vemos como vai medrando o seu autodesprezo e o odio cara ao mundo exterior.
Un rapaz tranquilo que sofre acoso na escola por non comportarse coma un baboso coas rapazas. Un adolescente que se autopresiona para ser o mellor nos estudos. Un home que pouco a pouco se vai aceptando e xa non intenta cambiar por un mundo que non o acepta.

Recomendo moito esta obriña de arte porque a autora ten un estilo marabilloso que cativa dende a primeira páxina e porque sentín o sufrimento e os obstáculos deste meniño tan reais e cercanos como se estivera lendo o diario íntimo dun amigo.
Díxenme a min mesma ao ler as dúas primeiras páxinas: "Isto tenme moi boa pinta! " E papeimo en pouco tempo levando empacho de emocións.
Eu non son de chorar con libros nin películas, pero está claro que sempre hai excepcións...
  
En canto ás personaxes todas se me fan moi auténticas e adoro as cartas ao psicólogo escritas pola nai ao comezo de cada capítulo, dándonos a súa sufrida perspectiva da "evolución" do seu fillo. Pero hei dicir que lle vou montar un altar a Mats, o seu mozo, pola súa actitude sempre desenfadada e irónica, polas súas rarezas e porque fai unha parella fabulosa con Jimmy. 

Jim foi saíndo paseniño do seu abismo de tristeza e curou o seu corazón magullado pouco a pouco, con moito drama pero, sobre todo, con amor e valor.
Inocentemente non entende como se lle pode facer tan complicado dicir: "Amo a quen amo, alguén quere protestar?" pero visto dende o outro lado das páxinas é bastante comprensible....
Súa nai rompe a chorar cando descobre que está vivindo con un home e seu pai rexéitao completamente, como se lle acabaran de dicir que o seu fillo é un asasino en serie e un profanador de tumbas.
Pero, a quen lle importa? El descubrirá (por fin) que non está facendo nada malo e vai seguir ao lado da persoa que quere, péselle a quen lle pese.
Algo completamente inxusto. Por que ten que pasar por todo iso para finalmente aceptarse a si mesmo? Por que lle toca a el loitar desa maneira?
Se estivera saíndo cunha rapaza seus pais estarían encantados, armarían unha voda, virían netos e o seu coitadiño fillo non tería que facer fronte a prexuízos e desprezos no seu propio fogar, polo mundo adiante e dentro de si mesmo. 
Sería máis feliz argallando toda esa mentira? 
Pois non Jimmy, porque finalmente gañaches a loita e non te odias por ser capaz de amar.

 

24/06/15

Jinxy Jenkins and Lucky Lou

Creo que xa a colguei aquí, pero é tan bonita que volvo a traela por se se vos pasara. Curta sen palabras: 


Dentro de nuestra mamá





Jo Witek e Christine Roussey son os autores de Dentro de nuestra mamá. ¡Te espero fuera, hermanito! que publica Bruño na súa colección Cubilete. Ilustracións sinxelas e cnon sorpresas (tapas que se abren e cerran) e un texto moi apropiado que nos ofrece a visión dunha nena que agarda con ilusión o nacemento do seu irmán, dirixíndose a el mentres está na barriga da nai. Cada reflexión vai acompañada por unha fase do crecemento do bebé, agochada nunha solapa troquelada.



"Tú estás ahí dentro, hermanito,
en la tripa de nuestra mamá.
Yo estoy aquí fuera, esperándote.
¿Sales ya?


Neste blog utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor, rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.