Blogue de Gracia e de Anxo, blogue de pingas e de icebergs, do que nos preocupa ou nos chama a atención, de biblioteca e de aula.

28/03/16

As aventuras de Alicia no país das marabillas

A editorial Lata de Sal vén de publicar este precioso e pequeniño libro de As aventuras de Alicia no país das marabillas, unha reprodución do libro de 1907, a primeira adaptación orixinal en cor de Alicia que se publicou a precio de peto. A editorial infórmanos que é a única versión  en que Tenniel presentou a Alicia co vestido vermello. 
Esta é unha sexta parte do libro orixinal, unha adaptación para que o lectorado máis xove se achegase á súa lectura.
Unha pequena xoia que cabe nunha man.
Atopei esta foto no Twitter de Central Librera, para que vos fagades unha idea do tamaño:

 

Sen comentarios

Neste blog utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor, rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.