Blogue de Gracia e de Anxo, blogue de pingas e de icebergs, do que nos preocupa ou nos chama a atención, de biblioteca e de aula.

26/03/16

El pequeño jardinero

Inicia a editorial Impedimenta nova colección (La Pequeña Impedimenta) con este título de Emily Hughes, El pequeño jardinero, un álbum que fala de amor e perseverancia coa natureza como gran protagonista nunhas ilustracións que rebordan de cor e ledicia para chegar ao lectorado convertida nunha necesidade de respirala. Un xardín que semella a piques de morrer, coidado por un rapaz demasiado pequeno, pero que é capaz de sobrevivir e de estourar nunha festa de cores, flores e insectos que a poboan como metáfora do noso Medio Ambiente, que tamén é quen de seguir adiante aínda cos malos tratos proporcionados polos seres humanos.






Sen comentarios

Neste blog utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor, rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.