Blogue de Gracia e de Anxo, blogue de pingas e de icebergs, do que nos preocupa ou nos chama a atención, de biblioteca e de aula.

15/04/16

Manuel María. Vida, versos e rebeldía


Manuel Veiga e Xosé Lastra poñen os textos, mentres que Nuria Díaz as ilustracións, a este libro que publica Xerais para achegar a figura e a poesía de Manuel María aos máis cativos e cativas: Manuel María. Vida, versos e rebeldía acerta co ton e o xeito para ofrecernos detalles da vida do autor homanexeado este ano nas Letras Galegas xunto cun monllo de poema escollidos.
O libro consta, por tanto, dunha primeira parte a cargo de Manuel Veiga, quen relata a  vida cotiá de Manuel María e nos informa das diferentes actividades que realiza, tanto como poeta coma como procurador, libreiro, xornalista... e tamén da súa vida familliar, coñecendo a súa muller, Saleta.
Logo pasamos á cronoloxía e á antoloxía poética escollida por Xosé Lastra, onde poderemos ler versos dos libros “Terra Chá”(1954), “Documentos persoaes” (1958), “Mar maior” (1963), “Os soños na gaiola” (1972), “Cantos rodados para alleados e colonizados” (1976), “Poemas ao outono” (1977) e “As rúas do vento ceibe” (1979).
O libro tamén nos informa de que foi o primeiro mozo que  publicou unha obra en galego despois da Guerra Civil.




Sen comentarios

Neste blog utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor, rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.