Blogue de Gracia e de Anxo, blogue de pingas e de icebergs, do que nos preocupa ou nos chama a atención, de biblioteca e de aula.

20/06/16

Una primavera de perros

Tiña lido este libro daqueles tempos nos que aínda posuía ese ben tan necesario: tempo, tempo para ler. Agora que non o teño lembrei que non falara aínda del, así que aí vai.
Antonio Manzini, de quen xa vos teño falado, volve agora con Una primavera de perros, publicada tamén por Salamandra na súa colección "black", terceira entrega da serie protagonizada polo subxefe de policía Schiavone, todo un personaxe que se vai desenvolvendo e descubrindo máis humano a cada paso. Tanto, que resulta xa entrañable, e iso a pesar do seu malhumos cotián. Sa a anterior novela encantárame porque abordaba a cuestión da violencia de xénero, aquí temo o lado máis humano e quizais tamén a realidade máis complexa das que ata agora se nos presentara. El segue nas súas, sen adaptación ao lugar de destino e sentindo vividamente a ausencia da muller amada. Pero hai máis, como a corrupción italiana, que enche páxinas deste libro, e tamén o lado escuro do mundo dos negocios. E un final irreconciliable.
Imos a mellor!



Sen comentarios

Neste blog utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor, rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.