Blogue de Gracia e de Anxo, blogue de pingas e de icebergs, do que nos preocupa ou nos chama a atención, de biblioteca e de aula.

25/10/16

Mi amigo Libro

Fermosísimo este álbum que publica Blackie Books de Kirsten Hall con ilustracións de Dasha Tolstikova: Mi amigo Libro dálle voz a un libro, un libro que como calquera libro necesita ser comprado, lido, amado, respectado... tanto que ata nos ensina a coidalo, dándolle unhas gardas. Así que estamos ante unha historia metaliteraria onde Libro nos conta a súa propia historia de amor e celos, porque tamén os hai, claro, cando un animal ou outra persoa compite no cariño. E é que os libros, coma este, senten profundamente canto hai arredor. Unha historia de amizade e cariño entre unha nena e un libro, unha historia que podería ocorrer en calquera casa... se se lle dá a oportunidade!
Unha homenaxe aos libros de papel que foi seleccionado polo "New York Times" como un dos mellores álbums ilustrados do ano.
Merquemos libros, amémolos, e sobre todo, leámolos.




Sen comentarios

Neste blog utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor, rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.