Blogue de Gracia e de Anxo, blogue de pingas e de icebergs, do que nos preocupa ou nos chama a atención, de biblioteca e de aula.

26/12/16

Leocadio, un león de armas tomar

Achéganos a editorial Kalandraka este xenial clásico de Shel Silverstein, Leocadio, un león de armas tomar. Unha crítica social agochada nun conto no que un león atípico non se dá atopado a si mesmo. E é porque as contradicións da nosa sociedade golpéano constantemente unha e outra vez, sen conseguir topar unha felicidade que semella unha quimera e que desde logo non dá a nosa economía. Asemade, o libro constitúe un alegato ecolóxico nun tempo que tanto cómpre cando sabemos de tantas persoas influíntes que negan o cambio climático ou que gozan cun inverno en Galicia inexistente. Non sei eu se serán quen de entender con libros coma este a necesidade de coidar o planeta...
Unha ilustracións esquemáticas cheas de expresividade rematan un conxunto que resulta imprescindible.

Sen comentarios

Neste blog utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor, rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.