Blogue de Gracia e de Anxo, blogue de pingas e de icebergs, do que nos preocupa ou nos chama a atención, de biblioteca e de aula.

14/12/16

Os tres porquiños

Vén de publicar a editorial Kalandraka esta adaptación de Xosé Ballesteros do conto tradicional Os tres porquiños con ilustracións de Marcos Somà, que chaman a atención pola expresividade extraordinaria que lle confiren aos personaxes, de sobra coñecidos -cun algo en común, o medo- e a plasticidade que rodea todo o álbum, cheo de detalles, nunha nova caracterización de todos eles, facendo desta proposta un recurso ideal para contar cos máis pequenos e xogar canda a lectura.

Sen comentarios

Neste blog utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor, rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.