Blogue de Gracia e de Anxo, blogue de pingas e de icebergs, do que nos preocupa ou nos chama a atención, de biblioteca e de aula.

20/05/13

Marcopola: Os Piratas da Lúa


 Segunda entrega desta idexa xenial que comeza a encher un oco ben grande da nosa Literatura: banda deseñada para o lectorado máis novo. Xa falaramos disto cando comentamos o primeiro libro, e damos grazas á editorial Xerais por seguir apostando por este formato e esta colección: ogallá detrás deste veñan máis! Segundo puidemos saber, esta vez démoslle a volta ao destino desatinado e publícase na nosa lingua antes que nas outras. Un novo motivo para felicitar á editorial.
O autor desta fantástica idea é Jacobo Fernández Serrano e esta entrega inclúe piratas festeiros, algúns outros máis perigosos e diversión asegurada para os lectores e lectoras que sen dúbida sentiranse atraídos por esta serie comiqueira que agardo dea moitos froitos, asegure lectores e anime a construír un novo universo que brille con luz propia. Xa agardamos impacientes a terceira entrega, posto que a lectura desta abre novos camiños que queremos saber onde nos levan.



Sen comentarios

Neste blog utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor, rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.