Blogue de Gracia e de Anxo, blogue de pingas e de icebergs, do que nos preocupa ou nos chama a atención, de biblioteca e de aula.

09/06/13

Premios Xerais 2013

 Un ano máis asistín á gran festa da cultura galega, unha noite memorable que semella mellorar cada ano, de for posíbel, en grata compaña e ledas lecturas galegas. Soños compartidos e futuros roubados nunha illa que conserva a pegada vergoñenta e inesquecible, unha soa lingua, lingua de noso, e moito amor pola cultura, moita esperanza a pesares de todo e moitas corazóns a quen amar.  Xabier Docampo fíxonos vibrar facendo fincapé na existencia do futuro que medra, os Irmandiños de Vincios agasalláronnos cunha voz grandiosa, e Antonio Fraga emocionounos coas cousas miudas, tan importantes cada día, tan fáciles de agochar e tan grandes na nosa andaina.
Noite riseira chea de afectos, de bicos prolongados cada ano, de novas caras que se van sumando, de vellas caras facebookianas, de literatura argallada ao son dunha noite que non permitiu ver as estrelas pero que deixou unha temperatura ben amable como non podía ser doutro xeito.










A mellor bibliotecaria do mundo e o mellor ilustrador do mundo: un luxo ao meu carón, os mellores amigos do mundo:



http://bambuser.com/v/3652541




4 comentarios:

Anónimo dixo...

Que fermosa crónica Gracia :-)
Loli Carril

Ronsel dixo...

Sempre xenerosa Loli! Bicazo

Anónimo dixo...


A verdade é que eres única!

Iso só o pode afirmar a mellor amiga do mundo!!!!

Un bico moi grande,

Anxos

Ronsel dixo...

Dúas cousas: é a primeira vez que comentas.
Segunda: faste chamar Anxos!!!
Bicooooooooooooo

Neste blog utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor, rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.